RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 73 ( 2024)

O editorial comunica que este é o derradeiro número da revista. Nas notas breves trátanse asuntos como a toma de posesión de Goretti Sanmartín como alcaldesa de Compostela as reivindicacións das traballadoras do téxtil e dos coidados, a situación en Gaza, os abusos sexuais na Igrexa católica e varias notas sobre a manifestación do Orgullo e o festival Agrocuir. Nos artigos celébrase o cincuenta aniversario do Sindicato Labrego Galego, ofrécese unha crónica do encontro "Alianzas feministas" e salienta o relevo que van gañando as creadoras no muralismo urbano, na música galega e na literatura. A futbolista Vero Boquete é a protagonista da entrevista. A contraportada vai dedicada a Josefa Wonenburger.