RESUMO

A revolta dxs caracois
n. 1 ( 2010)

No editorial preséntase como revista de pensamento anarcoqueer e antipsiquiátrico. O seu obxectivo é confrontar as normalidades para desmontalas empregando a provocación como arma contra o estado de cousas, máis especificamente, contra o xénero e o cisheteropatriarcado. Os artigos abordan temas como as dinámicas de autoridade e dominación, critican os binarismos hexemónicos e o esencialismo, defenden un feminismo anarcoqueer en constante reformulación, denuncian o uso psiquiátrico e da farmacopea para o control dos corpos disidentes. Ocúpanse tamén do poliamor, o postporno, o pornoterrorismo e ofrece unha achega á teoría queer. A sección pornopoemas pecha o número.