RESUMO

A revolta dxs caracois
n. 2 ( 2011)

O editorial presenta as temáticas deste número que se abre coa reprodución do manifesto da Rede PutaBolloNegraTransfeminista. Os artigos reivindican o pensamento de Judith Butler como fundadora da teoría queer, e a crítica de Beatriz Preciado aos váteres públicos como dispositivos de produción de feminidade e masculinidade. Denúnciase a asignación cirúrxica nos corpos intersexuais definida pola normativa biomédica binaria. Pon en cuestión a invención psiquiátrica das disidencias como “enfermidades mentais”, o control que exerce o estado sobre os corpos e o amor monógamo. Inclúe varios pornopoemas e o número pecha con referencias bibliográficas, webgráficas e de películas de interese.