n. 1
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 1 ( 2/ 1937)

Número inaugural. Ábrese cun saúdo da redacción e co programa fundacional da revista, asinado por Constantino Castro e Antonio Gayoso pola Sección de Propaganda. A sección "Presentando a los nuestros" dedícase a Manuel Mayo Chouza, presidente reelecto da Delegación. Inclúe unha historia da fundación do Centro Gallego da Habana en 1879, a crónica gráfica da toma de posesión da Xunta Directiva para o bienio 1937-1938 e o informe económico anual lido na xunta xeral de decembro de 1936. Con motivo do natalicio de José Martí reprodúcense os seus poemas "La Bailarina Española" e "La Niña de Guatemala". A sección "De otras latitudes" achega un perfil de Rabindranath Tagore xunto ao seu conto "La Educación del Papagayo". Péchase coa estatística sanitaria do Sanatorio en 1936, a primeira entrega do dicionario "Términos Técnicos usados en Medicina" e o cadro do persoal facultativo da Casa de Saúde "Concepción Arenal". Contén ademais unha necrolóxica do Dr. Federico Carreras Boada, subdirector do Sanatorio, escrita polo Dr. Miguel Medina Polier.