n. 2
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 2 ( 3/ 1937)

Na capa, o Palacio do Centro Gallego da Habana. O editorial "Directrices" celebra o éxito da primeira saída. En "Gentilezas" recóllense as felicitacións da prensa (Diario de la Marina, Libertad) e unha transmisión radiofónica especial da emisora CMKC. "Presentando a los nuestros" retrata o vicepresidente Francisco Freire Pérez. Comezan as seccións médicas fixas: "Consejos a las Madres" do Dr. Rafael Font, "Enemigos Enmascarados" do Dr. Roberto Giró Sierra sobre as enfermidades venéreas, o boletín "La Promoción de Salud en la Boca" do dentista Pablo Morlote e un caso clínico de resección intestinal do Dr. Idalberto Fajardo. Infórmase da nova Comisión Executiva da Casa Matriz. No primeiro centenario do nacemento de Rosalía de Castro reprodúcense fragmentos de "Cantares Gallegos". "De otras latitudes" dedícase a Erasmo, cun fragmento do "Elogio de la locura". Complétase coa foto do corpo facultativo do Sanatorio, o movemento estatístico da Casa de Saúde de xaneiro de 1937, a continuación do dicionario médico e unha nota de dó por Xesús Cao López, socio fundador.