n. 3
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 3 ( 4/ 1937)

Na capa, retratos dos catro fundadores da Delegación: Camilo G. Míguez, Joaquín Vales, Arturo G. Ron e Manuel Sánchez. En "Gentilezas" reprodúcense as notas eloxiosas do "Noticiero del Lunes" e do diario "Mundial". "Presentando a los nuestros" dedícase ao secretario Manuel Otero Rama. Publícase un artigo de Roberto Santos sobre Concepción Arenal no 117 aniversario do seu nacemento, xunto a un fragmento de "El Visitador del Pobre". O Dr. Medina Polier diserta sobre a cirurxía da apendicite aguda e continúan as seccións "Consejos a las Madres" e "La Promoción de Salud en la Boca", cuxo autor, o Dr. Morlote, vén de ser premiado na III Convención Estomatolóxica de Matanzas. Inclúe a reseña da velada do primeiro centenario de Rosalía de Castro celebrada no Teatro Nacional da Habana, con intervencións de Ramón Menéndez Pidal e Ramón Fernández Mato. "De otras latitudes" ocúpase de Federico Nietzsche con dúas notas críticas do filósofo. Péchase coa relación de socios con vinte anos de constancia, a estatística da Casa de Saúde de febreiro de 1937 e a continuación do dicionario médico.