n. 4
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 4 ( 5/ 1937)

Número conmemorativo do vixésimo oitavo aniversario da fundación da Delegación do Centro Gallego da Habana en Santiago de Cuba (9 de maio de 1909). A capa reproduce os retratos dos seis primeiros presidentes (M. López, J. Rey, J. Fernández, A. García Ron, J. Vázquez e F. Barrio, reelecto). O editorial "Directrices" abre un bloque histórico que recupera a dedicatoria e os datos fundacionais do folleto publicado en 1918 por Francisco Bermúdez e Moisés Hernández: fundación da Delegación por Camilo González Míguez con Joaquín Vales Leiva, Arturo García Ron e Manuel Sánchez López; primeiras xuntas directivas; construción da Casa de Saúde "Concepción Arenal" e do segundo pabellón "Francisco Barrio". Na sección "Presentando a los nuestros", Cece (Constantino Castro) perfila o tesoureiro Agustín Gil Muñoz. Publícase unha mensaxe do colaborador anónimo "Romato" desde Guantánamo, unha semblanza de Ramón Menéndez Pidal con motivo da súa visita a Santiago de Cuba, e o poema "A las niñas" de Manuel Curros Enríquez (A Habana, 1893). A sección "De otras latitudes" dedícase a Søren Kierkegaard, cun fragmento do volume "Prosas". Colaboracións médicas do corpo facultativo: trastornos da menstruación (Dr. Idalberto Fajardo), hixiene do recentemente nado (Dr. Rafael Font), heredo-sífilis (Dr. Roberto Giró Sierra) e saúde bucal (Dr. Pablo Morlote). Complétase cun artigo sobre a orixe do Primeiro de Maio, o noticiario social, o glosario de termos técnicos de medicina e as estatísticas mensuais da Casa de Saúde (movemento de enfermos, operacións, raios X, laboratorio e farmacia). Abundante publicidade comercial santiaguera.