n. 5
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 5 ( 6/ 1937)

Número de xuño de 1937, coa efixie de Manuel Curros Enríquez na capa. O editorial "Directrice" anuncia o acordo de construír un novo pabellón na Casa de Saúde "Concepción Arenal". "Gentilezas" recolle os xuízos da prensa ("Libertad" de Santiago de Cuba, "La Voz Gallega" da Habana, dirixida por Eduardo P. Marzoa) e o acuse de recibo da Biblioteca Municipal da Habana asinado polo Dr. Fermín Peraza. Na sección "Presentando a los nuestros", Cece (Constantino Castro) perfila a Manuel Mazorra Vázquez, presidente da Sección de Sanidade. "Romato" envía desde Guantánamo o artigo "Propaganda", presentado por unha nota de redacción. Publícanse as palabras de Víctor Muñoz sobre a institución do Día das Nais, o artigo "Albricias" de Maximino López (Monte Rús), e "Mis Impresiones sobre el Sanatorio Concepción Arenal" do enfermeiro Modesto González desde o Central "América". Sección literaria: fragmento do poema "El Maestro de Santiago" de Curros Enríquez, co prólogo de José Rodríguez Carracido, e "De otras latitudes" dedicada a Iván Turguénev con catro pequenos poemas en prosa ("Las dos palomas", "El egoísta", "Lucharemos aún", "Los dos ricachones"). Colaboracións médicas: esterilidade (Dr. Idalberto Fajardo), síntomas subxectivos na sífilis (Dr. Roberto Giró Sierra), hixiene da primeira infancia (Dr. Rafael Font), focos de infección da boca e enfermidades xerais (Dr. Pablo Morlote) e a nova "Sección de Laboratorio" sobre recollida e envío de mostras para análise (Dr. Tomás Padró). Nótase tamén a visita do Dr. Alejandro Posada Recio, director do sanatorio da Colonia Española, a nota sobre Gerardo Álvarez Gallego, dobremente premiado no concurso do centenario de Rosalía de Castro, o glosario de termos técnicos de medicina e as estatísticas mensuais da Casa de Saúde. Abundante publicidade comercial santiaguera.