n. 9
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 9 ( 10/ 1937)

Número de outubro de 1937, co retrato de Colón («El Almirante») na capa con motivo do 12 de outubro, celebrado coa reprodución do «Canto a España» do poeta venezolano Andrés Eloy Blanco, premiado pola Academia Española en 1923. As «Directrices» piden a neutralidade dos centros rexionais de Cuba ante a guerra española e suxiren acoller os seus orfos. O Noticiario dá conta do restablecemento do Dr. Fajardo, do regreso de Cándido Piñeiro, do falecemento de Ramón Muñiz e do folleto «El Ideario de Varona» enviado polo Dr. Fermín Peraza. Preséntase a José Lorenzo Pacios, secretario da Sección de Sanidade; lémbrase o primeiro cabodano de Francisco Corral Cadahía e o pasamento de Severino Mariño; reprodúcese a semblanza do repórter gráfico Moisés Hernández polo seu 63 aniversario e recóllese a homenaxe do Centro Gallego da Habana a Ángel Velo Filgueiras, o seu único socio fundador supervivente. «De Otras Latitudes» dedícase a Heinrich Heine, con «La Commune» (1840), e «Las Grandes Figuras de Galicia» ao Dr. Nóvoa Santos, por Modesto González. Completan o número as viñetas de Xaudaró e as seccións médicas habituais (xinecoloxía do Dr. Fajardo, blenorragia do Dr. Giró Sierra, termos médicos, laboratorio do Dr. Padró, odontoloxía do Dr. Morlote) co movemento da Casa de Saúde en agosto de 1937.