n. 10
RESUMO

Rosalía
Ano I, n. 10 ( 11/ 1937)

Número de novembro de 1937. Ábrese cunhas viñetas en lembranza do debuxante Joaquín Xaudaró e, nas «Directrices», a redacción pide por escrito a opinión dos lectores sobre a marcha da revista. A sección «Presentando a los nuestros» dedícase a Ricardo López Soler, secretario da Sección de Orde. Romato asina un conto con moralexa sobre o aforro mal entendido («Propaganda») e un saúdo a Manuel González Borrero, director da revista habaneira «Claxon». Reprodúcese un artigo de Jacinto Benavente sobre o doutor Negrín, do Servicio español de información, e outro do doutor José Agustín Martínez, «¡Pobre España!», sobre a guerra civil, tomado de «El Mundo». No plano galego, un fragmento de Concepción Arenal sobre o descoido e a imprevisión do pobre, cuns versos de Lisardo R. Barreiro. A parte literaria complétase co «Canto a Varona» de Agustín Acosta no cuarto cabodano do filósofo cubano e cunha semblanza de Jorge Brandés con fragmentos do seu prólogo ás «Memorias de un revolucionario» de Kropotkin. As seccións médicas habituais: consellos ás nais do Dr. Font, a blenorraxia polo Dr. Giró Sierra, a sección de laboratorio do Dr. Padró, as infeccións bucais polo Dr. Morlote, os termos técnicos de medicina e o movemento da Casa de Saúde de setembro.