n. 0
RESUMO

A Irmandade
Ano I, ( 9/ 1993)

Número cero, de setembro de 1993, que coincide co Xacobeo 93. Ábrese co editorial de José Antonio Rodríguez e a carta do presidente Luis Lorenzo Montenegro, e recolle o Botón de Ouro ao cónsul xeral de Venezuela en Galicia, Neemias Benazar, e a firma da conta co Banco Canarias. As secretarías informan de deportes (futbolito, baloncesto, natación, karate, aeróbic) e cultura (Semente Nova, Pervazán, concertos, «A llegado un inspector»). A portada dedícase ao Ano Xacobeo e ao Camiño, e «Al Gallego» ao gaiteiro Víctor Cachafeiro, ao que se lle descobre un busto. Completan o número a sección Internacionales, as cartas dos socios, a exposición «Lembranzas», o Rally Xacobeo, os Amigos do Teatro Rosalía de Castro e a recensión de «Sempre Xonxa».