n. 2
RESUMO

A Irmandade
Ano I, n. 2 ( 4/ 1994)

Número de abril de 1994, con Castelao e Rosalía de Castro na portada. Recolle a visita do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e da Coral Polifónica Solpor de Celanova, coa representación «Rosalía Sombra e Cravo», e a mostra «Galicia & América» do Consello da Cultura Galega, con entrevista a María Xosé Rodríguez Galdo. Inclúe deportes, homenaxe a Castelao, a figura de Xelmírez, teatro e música, o Entroido, o Comité de Damas, o xogo da chave, a biografía de Pedro Antolín, internacionais, as clases de galego, a xuventude (Luis Alberto Pena, gaitas Celtas), Lonxe da Terriña, receita de lacón con grelos, a bandeira galega e axenda.