RESUMO

Betanzos
Ano XLV, 1ª ep. n. 45 ( 1/ 1951)

Número anual no que aparece moi presente a figura do xeneral San Martín, prócer da independencia arxentina e Alfonso Castelao, de quen se conmemora o aniversario da súa morte. En toda a revista aparecen artigos ensalzando a vila e a comarca de Betanzos, a súa historia, paisaxe e xeografía, así como numerosas poesías de destacados autores galegos. Ademais dan a coñecer as diversas actividades socioculturais do Centro Betanzos ao longo do ano 1950 (conferencias transcritas, banquetes e homenaxes varios).
Este exemplar está incompleto pois falta a portada e as últimas páxinas da revista.