RESUMO

Eco de Galicia
Ano 2, 1ª ep. n. 83 ( 9/ 2/ 1919)

Número no que aparecen varios artigos dedicados ás celebracións que se estaban a organizar para conmemorar o centenario do nacemento de Concepción Arenal, figura moi presente na identidade da colectividade galega en Cuba e no resto dos países de acollida dos emigrantes galegos.