RESUMO

Alborada. Órgano de la Mujer Democrática
Ano 2º, n. 1 ( 9/ 1970)

Ábrese un editorial no que se explican as directrices da nova xeira do boletín. Indican que a publicación vai dirixida a obreiras, campesiñas, estudantes e intelectuais conscientes da loita das mulleres e as súas reivindicacións para a conciliación da vida laboral cos labores da maternidade. Inclúe un poema que chama á loita pola matria e artigos de denuncia sobre as condicións de traballo da labrega, a explotación laboral no sector téxtil, a crítica á alienación das mulleres desde unha perspectiva de clase que atinxen ao sistema sanitario, educativo, a planificación familiar e contra os valores da feminidade burguesa.