RESUMO

Alborada. Órgano de la Mujer Democrática
Ano 2º, n. 2 ( 10/ 1970)

Ábrese con artigos sobre a loita antifranquista, a defensa da democracia e os dereitos sanitarios. Faise un chamamento ás mulleres galegas á loita contra a dominación burguesa e contra a guerra en Vietnam e as bases militares norteamericanas. Denuncia as condicións laborais das traballadoras dunha empresa de limpeza. Recolle o testemuño dunha ama de casa que denuncia a carestía da vida e a imposibilidade de incorporación ao mundo laboral pola falta de servizos sociais para a infancia.