RESUMO

Alborada. Órgano de la Mujer Democrática
n. especial sucesos Ferrol ( 1972)

O número inclúe un informe detallado dedicado integramente aos conflitos no sector naval de Ferrol, a represión policial, os asasinatos, e as protestas que se derivaron, particularmente cos paros do sector conserveiro, estaleiros e construción, en Vigo, e a suspensión da semana santa en Ferrol. Complétase con notas sobre as mostras de solidariedade recibidas desde puntos do estado español e do ámbito internacional, e a reacción crítica de parte da Igrexa galega contra a ditadura franquista.