RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [1ª época]
1ª ep. ( 5/ 1998)

No editorial preséntase o boletín de MCG Exeria, que ten como obxectivo informar das actividades da asociación, detallando o labor feito polas comisións territoriais, de formación e de comunicación. Ademais da habitual información sobre a actividade nas diversas zonas, destacan que, na de Lugo, un artigo sobre igualdade entre homes e mulleres suscitou moitos interrogantes. Informan, tamén, da celebración da súa IV Asemblea, recollen as conclusións do I Congreso Internacional de Mulleres Cristiás e un artigo de Nazaré Guerreiro Muñoz sobre a historia do feminismo. Na contraportada publícase o ideario e liñas de acción da asociación.