RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [1ª época]
1ª ep. n. 1 ( 12/ 1998)

A VI Asemblea das MCG Exeria céntrase nos malos tratos ás mulleres. Informa das actividades das comisións locais e saliéntase o traballo de reflexión sobre María Betania e as mulleres na Biblia. Explícase que se decide empregar a metodoloxía ver-xulgar-actuar, e enuméranse os criterios que vai seguir MCG en relación á súa presencia nos medios. Abórdanse cuestións tratadas no Sínodo Europeo de Mulleres relacionadas coa política, a economía, a espiritualidade e o crecemento persoal.