RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [1ª época]
1ª ep. n. 2 ( 5/ 1999)

Publícase unha declaración de solidariedade coas mulleres albano-kosovares e unha nota sobre XIV Asemblea de Crentes Galegos celebrada en Vigo na que MCG Exeria poñen en relación o Evanxeo cos dereitos humanos e o feminismo. A Comisión de Información ofrece unha achega ao Primeiro Foro Galego de Educación para Igualdade e a presentación da candidatura electoral Mulleres para a Europa do s. XXI, na que interveñen organizacións de todo o Estado. Ocúpanse tamén do IX Encuentro de Mujeres e Teología, celebrado en Logroño, no que se abordou a problemática específica das mulleres no ámbito do traballo remunerado.