RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [1ª época]
1ª ep. n. 3 ( 3/ 2000)

A VIII Asemblea das MCG Exeria tivo por lema: Sexo, diñeiro, muller. Dedicouse á análise da representación estereotipada das mulleres no cinema comercial desde unha perspectiva feminista. Informa sobre as accións da Plataforma Cidadá polo Hospital de Galeras e sobre o XIV Foro Relixión e Cultura en Galicia, no que se trataron os desafíos espirituais e teolóxicos que suscita o feminismo entre as mulleres cristiás. Reprodúcese unha declaración da National Coalition of American Nuns (NCAN) contra a lesbofobia e a homofobia na Igrexa Católica que censurou o labor pastoral e teolóxico de Jeannine Gramick.