RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 3 ( 4/ 2002)

O número céntrase na celebración do 8 de marzo que ese ano leva o lema: As burkas están en todas partes. Inclúe, entre outros apartados, o Manifesto das Mulleres da Marcha Mundial de Pontevedra e unha axenda de accións feministas nas rúas de Compostela. Na sección de actualidade saliéntase que a vicepresidenta do goberno afgano Sima Samar pensa en dimitir polo sexismo dos políticos. Aparece un artigo contra o integrismo relixioso que emprega a palabra de Deus para xustificar as discriminacións de calquera tipo.