RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 4 ( 6/ 2002)

O groso deste número focalízase no XII Encontro Mulleres e Teoloxía: Resurrección en corpo de muller, celebrado en Sevilla, no que participan Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Recolle de maneira extensa os principais temas a debate, fai fincapé no papel das mulleres e as lesbianas na Igrexa, e inclúe unha reportaxe fotográfica. Anúnciase o II Sínodo Europeo de Mujeres e mais a Asemblea de Armenteira. Recóllese a polémica xerada entre as cristiás feministas por unha carta en defensa do celibato.