RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 5 ( 9/ 2002)

Recolle o traballo realizado na Asemblea de Armenteira, no que a cristoloxía feminista ocupou un lugar central para devolverlles ás mulleres un papel activo tanto na interpretación da Biblia, como na importancia da experiencia e do corpo das mulleres. Ábrese unha sección sobre o Sur global que pretende recoller a experiencia misioneira no Ecuador sobre a que se seguirá informando nos números seguintes. Critícase á Conferencia Episcopal Española por impugnar o Encontro Outra Igrexa é posible, da Corriente Somos Iglesia celebrado en Madrid. Publícase a primeira parte dunha breve historia do feminismo.