RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 6 ( 12/ 2002)

Boa parte do número ocúpase da marea negra. Publícanse manifestos e notas de denuncia pola xestión do naufraxio do Prestige e ofrece materiais, como cancións, para preparar a manifestación en Compostela de Burla Negra. Amósase tamén desencanto porque a Comisión Teolóxica Internacional avala a exclusión da muller para o diaconado. Reábrese o debate sobre o discutido concepto de Igrexa, ao non concordaren coa concepción patriarcal manexada pola xerarquía. Maniféstanse en contra da pena de morte, a violencia de xénero e a marxinación socioeconómica das mulleres.