RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 7 ( 2/ 2003)

Infórmase que MCG Exeria se adhire á Marcha Mundial das Mulleres e á plataforma cidadá Nunca máis. As accións e críticas contra a marea negra ocupan de novo boa parte do número, con notas críticas, ilustracións satíricas e unha declaración do Apostolado do Mar. Recolle o manifesto da Coordinadora Galega da MMM en Bergantiños e o chamamento Non no noso nome, contra a invasión de Iraq. Como é habitual, inclúe notas breves sobre conflitos laborais, violencia de xénero, pacifismo e feminicidio. Anuncia unha celebración litúrxica para o 8 de marzo.