RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 8 ( 4/ 2003)

A partir deste momento MCG Exeria intégranse na Coordinadora Galega pola Paz, e boa parte do número trata sobre este movemento explicando o acontecido en Iraq e criticando duramente a invasión. Dá conta da marcha a Madrid de Burla Negra o 23 de febreiro e da convocatoria do 8 de marzo da coordenadora galega da MMM co lema: Nen guerras, nen machismo, nen marés / Nunca máis chapapote patriarcal. Complétase o número coas habituais denuncias desta asociación feminista.