RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 10 ( 2/ 2004)

Este número ofrece diversas informacións sobre pacifismo. Saliéntase que se cumpre un ano da histórica manifestación Nunca máis en Compostela e por esa razón reproducen o manifesto das Nove Ondas. Dáse conta da celebración do 25 de Novembro, da Asemblea de Outono, dos traballos preparatorios para participaren na convocatoria europea da MMM que vai ter lugar en Vigo e das resolucións do Sínodo de Mulleres. Inclúe unha entrevista con participantes nas misións no Ecuador sobre as súas experiencias.