RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. 12 ( 6/ 2004)

Recolle comentarios sobre a oitava Asemblea de Mulleres Cristiás Galegas Exeria celebrada en Armenteira. Infórmase sobre a participación no Foro Mulleres e Espiritualidade que tivo lugar no encontro europeo da MMM e ofrecen notas e fotografías desa reunión. Reproduce un artigo de Somos Igrexa, corrente da que forman parte, onde se critican as prácticas da xerarquía fronte aos posicionamentos defendidos polas crentes. Inclúe informacións sobre pacifismo e ecofeminismo. Publican unha nova listaxe de asasinadas por feminicidio.