RESUMO

Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]
2ª ep. n. Especial Sinodalia ( 12/ 2003)

Trátase dun número extra publicado co gallo do Synodalia que tivo lugar en Barcelona en 2003 que serve para presentar as posicións e actividades de MCG Exeria. Edítase tamén unha versión en inglés deste número extra en fascículo aparte. O número mostra a oposición da plataforma cidadá Nunca Máis contra a xestión da marea negra provocada polo Prestige, acompañada por unha demorada cronoloxía do naufraxio e notas sobre as accións emprendidas. Explican como correu o 8 de marzo, que se celebrou en Cee, e publican unha nova listaxe de mulleres vítimas de violencia de xénero co título "Elas somos nós". Tamén prestan atención á protesta cidadá contra a invasión de Irak promovida pola plataforma Non á Guerra.