RESUMO

Ghaiseta
n. Outubro 1997 ( 10/ 1997)

Denúncianse as agresións homófobas nos Xardíns de Méndez Núñez e a criminalización do colectivo nos medios de comunicación. Infórmase da existencia dun videoclub promovido por Milhomes. Nun artigo, que terá continuidade no número seguinte, recupérase un episodio histórico da homofobia: o proceso ao que se veu sometido Onorato Benedicto Truque durante o reinado de Carlos II. As linguas empregadas son o galego e o castelán, cun uso do 50%.