RESUMO

Ghaiseta
n. Abril 1998 ( 4/ 1998)

Critícase a Mercedes Milá e Jesús Hermida polo xeito en que tratan nos seus programas o caso Arny, no que se enxuizaron persoas famosas baixo a falsa acusación de pedofilia e prostitución gai. Milhomes denuncia as agresións producidas de xeito habitual nos xardíns de Méndez Núñez e insta ás vítimas a denunciar os casos á policía para poder frear a violencia homófoba. As linguas empregadas son o galego e o castelán, cun uso do 50%.