RESUMO

Ghaiseta
n. Abril 2001 ( 4/ 2001)

O número consta de diversas notas breves. Entre os apuntamentos recollidos cómpre salientar que Milhomes informa dunha breve e infructífera reunión con Manuel Fraga e critícaselle ao PSdG, que ocupa a alcaldía da Coruña, o feito de ser o último concello en abrir un rexistro de unións civís; porén, ao tempo, infórmase que, de acordo con esa institución, Milhomes ofrecerá charlas sobre as parellas de feito, novas formas de familia e historia local da homosexualidade. Celébrase a publicación dun libro de Francisco Rodríguez, do BNG, que inclúe un capítulo sobre La condición homosexual de Xosé Chao Rego. Anúnciase unha charla de Jerónimo Saavedra, exministro do PSOE gai. Número integramente en castelán.