RESUMO

Ghaiseta
n. Marzo 2002 ( 3/ 2002)

O número consta de diversas notas breves. Saliéntase que o Parlamento Europeo aproba un informe demoledor contra os integrismos relixiosos, que inclúe a Igrexa católica, pide a ruptura das relacións diplomáticas co Vaticano e a súa expulsión da ONU. Ao mesmo tempo van en aumento os escándalos por abusos a menores de membros da Igrexa. Os colectivos gais de Galicia convocaron unha acción en Mondoñedo contra a Igrexa católica aproveitando a visita de Julián Barrio. Coméntase un informe do Valedor do Pobo no que se sinala que os colectivos que sofren máis exclusión son, por esta orde, persoas xitanas e logo persoas LGTBIQ+. Critícase a denominación do 8 de marzo, Día da Muller, porque non inclúe expresamente ás lesbianas. Número integramente en galego.