RESUMO

Ghaiseta
n. Maio 2002 ( 5/ 2002)

O número consta de diversas notas breves nas que se recollen as actividades do colectivo Milhomes, entre elas: concesión do I Premio Homosexual Parroquial de San Jorge, asistencia a un xuízo por homofobia e participación convidada na asemblea xeral do BNG. Infórmase ademais da actividade política: o BNG e o PSOE presentan as súas propostas de Lei de Parellas no Parlamento español, mentres que o Partido Popular se opón á incorporación da ILGA (International Lesbian & Gay Association) nos organismos que asesoran ao Consello Económico e Social da ONU. Número integramente en galego.