RESUMO

Ghaiseta
n. Xuño 2002 ( 6/ 2002)

O número consta de diversas notas breves. Informa sobre as actividades de Milhomes, como a convocatoria do II Premio Homosexual Parroquia de San Jorge e a participación en Bilbao na reunión estatal de grupos LGTBIQ+. Destácase que o PSOE vai propor unha Lei de parellas no Parlamento Galego e que Inditex, asinante do Pacto Mundial da ONU, que, porén, mantén prácticas homófobas. Anuncia que as manifestacións polo 28 de xuño serán en Compostela e en Madrid. Número integramente en castelán.