RESUMO

Ghaiseta
n. Novembro 2002 ( 11/ 2002)

O número consta de diversas notas breves. Saliéntase que se vén de formalizar a primeira voda gai dunha parella na embaixada francesa en Roma, única opción posible en Italia. Valórase positivamente que a TVE visibilice de diversos xeitos a comunidade LGTBIQ+ e critícase a homofobia na Igrexa católica, que nega a entrada de homosexuais no clero. Salienta que a Federación Colegas, de Andalucía, fixo un chamamento ás persoas con responsabilidades políticas a que saia do armario. Número integramente en castelán.