RESUMO

Exeria
n. 1 ( 12/ 2004)

O número dá conta da Asemblea de Outono de MCG Exeria, na que, entre outros asuntos, continuaron os traballos sobre o Novo Testamento inclusivo. Ofrece unha crónica de diversas actividades da Marcha Mundial das Mulleres en 2004: o encontro europeo celebrado en Vigo no mes de maio e as accións do 25 e 27 de novembro, que incluíron a elaboración dunha manta na praza do Obradoiro. Na sección de memoria recuperan a Lou-Andreas Salomé. Inclúe listaxe actualizada de vítimas de feminicidio. A contraportada recolle unha acción na rúa de Mulheres Transgredindo.