RESUMO

Exeria
n. 3 ( 6/ 2005)

Ofrece o habitual reconto de actividades: os traballos da XVIII Asemblea de MCG Exeria, centrada na necesidade de relativizar as xerarquías; a participación no relevo entre Portugal e Galicia da carta e da manta da solidariedade promovida pola Marcha Mundial das Mulleres; a organización dun curso de danza contemplativa como novo xeito de oración; e os debates sobre violencia de xénero dentro e fóra da Igrexa que tiveron lugar no encontro de Mujeres y Teología, celebrado en Mallorca. Recuperan a figura de Maruja Mallo e publícase listaxe de asasinadas por feminicidio.