RESUMO

Exeria
n. 5 ( 12/ 2005)

Explícase que a Asemblea de Outono se centrou en cuestións organizativas, entre elas o cambio de representante da MCG Exeria na Marcha Mundial das Mulleres, plataforma da que fan parte e que organizou diversas as accións en Galicia cadrando co 25 de novembro. Reprodúcense imaxes da exposición 18 segundos, do Instituto de la Mujer, que continúa no n.º 6, e informa sobre a lei sobre protección integral contra a violencia de xénero. Recolle o encontro en Vigo con Alba Estela Maldonado, deputada pola Unión Revolucionaria Nacional de Guatemala. A sección sobre organizacións feministas presenta as actividades do Grupo de Estudos Sobre a Condición da Muller Alecrín. Publica a habitual listaxe de asasinadas por feminicidio no Estado español.