RESUMO

Exeria
n. 6 ( 3/ 2006)

Ofrece unha ampla reportaxe arredor dos actos desenvolvidos co gallo do 8 de marzo en Pontevedra e Compostela baixo o lema: Feminismo, sempre imprescindible. Resume os obxectivos dun curso sobre a relación coa nai e a xenealoxía feminina centrado no autocoñecemento e o recoñecemento referencial do valor doutras mulleres. Destaca a obra de Xulia Minguillón e as achegas ao feminismo de Betty Friedman. A sección sobre organizacións feministas presenta a actividade realizada por BOGA-Mulleres Lésbicas e Bisexuais da Galiza e na sección de breves ofrece apuntamentos sobre o Consello Internacional das Trece Avoas, a introdución en Galicia da figura da doula e a creación dun máster en feminismo na Universidade de Vigo.