RESUMO

Exeria
n. 8 ( 9/ 2006)

A ilustración da cuberta é María Madalena. Ofrece a crónica das XXIX Romaxe de Crentes Galeg@s e fan memoria da mestra Ernestina Otero e mais da pintora María Antonia Dans. A sección sobre organizacións feministas ocúpase da Asemblea de Mulleres do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG). Nos breves coméntase o plan para sensibilizar os clientes das prostitutas en Vigo promovido por Alecrín e anúnciase unha materia de teoloxía feminista na Universidade de Barcelona promovida polo Col·lectiu Dones de l'Esglèsia. Retoma a publicación da listaxe de asasinadas por feminicidio no Estado español.