RESUMO

Exeria
n. 13 ( 3/ 2008)

Ofrecen a habitual crónica do 8 de marzo e contan como transcorreu a presentación do libro Donas da nosa memoria en Pontevedra. Recollen un manifesto do Col·lectiu de Dones en l’Església co gallo do Día internacional polo recoñecemento paritario das mulleres na Igrexa Católica. Inclúen notas críticas sobre unha obra de teatro do Centro Dramático Galego e do filme Esquecidas, dirixido por Luqui Matthews e producido pola Asociación de Traballadoras do Fogar Xiana. Na sección de breves aparecen apuntamentos sobre o colectivo Eliza Gara, a Asociación de Hombres por la Igualdad de Género, a provocación simbólica de Carme Chacón embarazada pasando revista aos militares e una acción das mulleres saharauís. Recuperan as figuras da galeguista Julia Becerra Malvar e da pintora Estefanía Domínguez. Publican a habitual listaxe actualizada de asasinadas por feminicidio no Estado español.