RESUMO

Exeria
n. 14 ( 2009)

A cuberta recolle un momento da VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que se celebrou co lema: Mulleres en marcha até que todas sexamos libres. En páxinas interiores aparece unha reportaxe das actividades desenvolvidas en Panxón e Vigo, que incluía unha feira sobre soberanía alimentaria. Precisamente Lidia Senra abunda neste tema defendendo a proposta de Vía Campesina. Infórmase, ademais, sobre outros encontros realizados: as XXV e XVI asembleas de MCG Exeria, o XVII Encontro Mujeres y Teología e, con carácter interrelixioso, o III Sínodo europeo de mulleres. Sitúanse a favor da defensa do aborto, e completan a súa reflexión con cadros da artista Paula Rego. Na sección de viaxes ofrecen información sobre os beguinatos belgas.