RESUMO

Exeria
n. 15 ( 2010)

Infórmase sobre as diversas reunións nas que participa MCG Exeria: III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, as IX Xornadas da Asociación de Teólogas Españolas sobre cristoloxía e xénero, as asembleas XXVIII e XXIX da asociación, así como a Festa da Madalena. Reproducen un poema de circunstancias de Helena Villar sobre as mulleres de Exeria na casa de Rosalía de Castro. Ofrecen unha entrevista con Margarethe von Trotta co gallo do seu filme sobre Hildegarda de Bingen. Reproducen fragmentos da exposición conmemorativa do 8 de marzo preparada pola Marcha Mundial das Mulleres de Galicia. Fan unha homenaxe a Engracia Vidal Estévez, teóloga, cofundadora de MCG Exeria e primeira directora da revista Encrucillada. Reproducen imaxes da manifestación contra a visita do papa Bieito XVI.