RESUMO

Exeria
n. 17 ( 2012)

Na cuberta da revista e en páxinas interiores abúndase na obra de Hildegarda de Bingen. Fan unha crónica do 8 de marzo, que incluíu unha conversa coa representante da Agrupación de Mulleres Mariscadoras de Cambados e mais os resumos das reunións habituais: XIX Encontro Mujeres y Teología, do que se deriva un manifesto que tamén publican, a XXXII e XXXIII asembleas da MCG Exeria A reportaxe ocúpase das duras críticas da Leadership Conference of Women Religious contra a xerarquía eclesiástica, un posicionamento que foi recompensado co premio Herber Haag 2013 pola libertade relixiosa. Recollen unha carta en defensa do teólogo Torres Queiruga fronte á Conferencia Episcopal. Manteñen unha sección de crítica extensa sobre libros, cinema e música.