RESUMO

Exeria
n. 18 ( 2013)

Na cuberta da revista e en páxinas interiores ocúpanse do pensamento de Hannah Arendt e nas primeiras páxinas fálase da nova xeira que abre o Papa Francisco. Dáse conta dos actos nos que interveñen: 8 de marzo e 25 de novembro, diversos encontros sobre teoloxía feminista en Galicia, Portugal e o Estado español, as XXXIV e XXXV asembleas da MCG Exeria e a Festa da Madalena. Ofrécese unha entrevista con María Jesús Rodríguez Geijo, unha das fundadoras de MCG Exeria e falan sobre o Movemento Graal, acción internacional creada en Holanda que agrupa mulleres centradas nos coidados. Demóranse na análise dunha enquisa para o Sínodo da Familia. A sección de crítica recolle libros, cinema, teatro e música.