RESUMO

Exeria
n. 19 ( 2014)

Na cuberta da revista e en páxinas interiores ocúpanse de Teresa de Xesús. Dedican varias páxinas ao 8 de marzo, na defensa do dereito ao aborto e contra o proxecto de lei de Ruiz Gallardón, o que provocou unha manifestación cara a Madrid (o chamado Tren da Liberdade) e un manifesto da Marcha Mundial das Mulleres. A crónica habitual de actividades recolle as novas sobre o IV Espazo de Teoloxía Feminista, a XXXVI asemblea de MCG Exeria e a Festa da Madalena. Móstrase o apoio á Leadership Conference of Women Religious. Fálase dunha conferencia de Marcela Lagarde. Recupérase a historia das republicanas Placeres Castellanos, Ernestina Otero, Madalena Martínez Plasencia. Transcriben a derradeira mensaxe de Begoña Caamaño a Uxía Senlle, e recollen as memorias de Rosina Hermida Vidal, integrante de MCG Exeria. A sección de crítica recolle libros, cinema, teatro e música.