European Commission
European Web Site on Integration
Espazo web da Unión Europea no que asociacións, universidades, ONGs, escolas, concellos e outras entidades de distintos países europeos comparten prácticas e experiencias de integración.
Aínda que a maioría dos documentos están en inglés, hai tamén artigos noutras linguas, entre elas, portugués, francés e español.
Nos proxectos desenvolvidos aparece o nome do responsable e, en ocasións, o enderezo electrónico de contacto e o enderezo web.
A librería conta cun apartado dedicado á cohesión social e outro para educación e cultura.
Ir á páxina
XTEC. Xarxa Telemática Educativa de Catalunya
Alumnat nouvingut
Espazo web do Departament d'Educació da Generalitat de Catalunya que conta con abundante información, materiais e recursos para a acollida de alumnado inmigrante.
Entre outros, podemos atopar formularios en distintas linguas para a comunicación coas familias, materiais e recursos para a docencia, experiencias educativas e probas, en vinte linguas, para a avaliación dos coñecementos lingüísticos do alumnado. No apartado de publicacións pódense descargar todos os números da revista Caixa d´Eines que o programa Llengua, Interculturalitat i Cohesió Social (LIC) publicou nos últimos anos.
Ir á páxina
Direcció General de Politica Lingüística-Generalitat de Catalunya
Usos lingüísticos en Cataluña
Os resultados achegados por L’Enquesta d’usos lingüístics de la població 2008, o informe anual de Política Lingüística do ano 2010 e o Centro de Documentació da Direcció General de Política Lingüística ofrécennos datos actualizados sobre a situación sociolingüística de Cataluña.
Máis información
Departamento de Cultura do País Vasco
Usos lingüísticos no País Vasco
Neste espazo podemos acceder a datos actualizados sobre a situación da lingua no País Vasco ofrecidos polo IV Mapa Sociolingüístico, V Encuesta Sociolingüística de la CAPV, VI.ª Medición del Uso de las Lenguas en la Calle, 2011, e por diversos estudos sociolingüísticos sobre o uso do euskera.
Máis información