Imaxe
  17 de maio de 2015
Subscribir | Desubscribir
 

Presume de Galego e comparte o 17 de maio e todos os días do ano
Contamos con vós para que esta mensaxe non se destrúa automaticamente en cinco segundos. Contamos con vós para instalar no Sistema un virus positivo, coa lingua na boca e un sorriso nos beizos. Contamos con vós para que a nosa mensaxe salte por todos os medios a todos os medios. Contamos con vós porque o 17 de maio non é a meta, senón a liña de saída.

Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado
Co Día das Letras enriba, as páxinas centrais deste Nº 21 funcionan a modo dun cartaz que convida a realizar as pequenas pero importantes accións que todos/as podemos facer pola lingua na vida cotiá. Tamén vos convidamos a reflexionar sobre o actual modelo desta celebración en "The Walking Dead (versión enxebre)". Así mesmo, Lines Salgado afonda na proba de avaliación de 3º de Primaria e Carmen Díaz Simón responde á pregunta "Como debe educar a escola para a convivencia social?", mentres que Gracia Santórum ofrece as súas sempre interesantes propostas de lecer.

 

Actualización das gravacións no arquivo oral de Presume de Galego
O arquivo coas gravacións fachendosas xa supera os 60 audios. Lembrade que podedes colaborar con alumnado de calquera nivel educativo animándoo a expresar o seu mundo no seu galego oral, improvisado mais coidado, e que cómpre evitar recitados e memorizacións. Fagámolos protagonistas dos seus intereses e das súas mensaxes, que saiban que o que din -e como o din- interesa, que presuman de galego!

 Con-senso?

Aclaracións da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e DinamizaciónLingüística sobre o falso consenso na política lingüística galega e a manipulación da linguaxe para obter resultados espurios. O "suposto consenso" ao que alude a Xunta arredor do galego é algo "ao que non se pode chegar sen que estean todas as partes, xa non de acordo, senón presentes no debate".

   
   
   
   
   
   
   
   
   
Imaxe

Concurso para Que se vexa! o galego 

 
M4A4
Espectáculo teatral para secundaria sobre a obra de Manuel Antonio (ESAD Galicia)


 
Colabora na túa comarca


Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística